Centro de Instruccion y Recreo de Benquerencia

Estatutos

 

ESTATUTOS

DENOMINACIÓN, ÁMBITO E DOMICILIO

  TÍTULO  I

 DA ASOCIACIÓN EN XERAL

  Art.- 1º.-

             Constitúese no Concello de Barreiros, unha asociación que se denominará: “CENTRO DE INSTRUCCIÓN Y RECREO DE BENQUERENCIA”, e que se rexerá pola vixente Lei Orgánica 1/2002. de 22 de marzo.  reguladora do Dereito de Asociación e demais lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable, dentro do marco da Constitución e do resto do ordenamento xurídico.

 Art.- 2º.-

 Son fins da Asociación:

 a)   Estudio e resolución dos problemas comúns dos asociados, relacionados co medio, tanto local, como rural e a vida social do territorio que asignan os Estatutos.

 b)  A realización e promoción de actividades culturais e recreativas,  nas súas diferentes formas e manifestacións.

 c)  Cantas outras actividades lícitas sexan da conveniencia dos intereses comúns dos asociados e vecindario.

 d)  A Asociación non ten fins lucrativos nin está sometida a ningún réxime asociativo específico.

 Art.-3º.-

             O domicilio da Asociación radicará en: Ba. Do Canteiro, s/n na parroquia de San Pedro de Benquerencia no Concello de Barreiros Provincia de Lugo.

 Art.-4º.-

             A Asociación desenvolverá as súas actividades dentro do ámbito nacional, sendo a súa duración indefinida e solo disolverase, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral convocada ó efecto e por calquera das causas previstas nas leis así como por sentencia xudicial firme.

  Art.-5.-

             A Xunta Directiva, como órgano de representación da asociación, será competente para interpreta-los preceptos contidos nos Estatutos, someténdose en todo momento á normativa legal vixente en materia de Asociacións.

             Os presentes Estatutos serán desenvolvidos e cumpridos mediante acordo que validamente adopten a Xunta Directiva e a Asamblea Xeral, dentro das súas respectivas competencias.

  TÍTULO II

DOS ÓRGANOS DIRECTIVOS E DA FORMA DE ADMINISTRACIÓN

Art.-6º.-

            A Dirección e Administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Art.-7º.-

            O Presidente da Asociación, que o será tamén da Xunta Directiva, asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e Asamblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.

Art.-8º.-

            A Xunta Directiva é o órgano de representación que xestiona e representa os intereses da Asociación, de acordo coas disposicións e directivas da Asamblea Xeral. Estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Vicesecretario, un Tesoureiro e dous Vocais.

            Solo poderán formar parte da Xunta Directiva aquelas persoas que ostenten a condición de asociados, que sexan maiores de idade, teñan pleno uso dos dereitos civis e non estean incursos nos motivos de incompatibilidades establecidos na lexislación vixente.

Art.-9º.-

            Os cargos que compoñen a Xunta Directiva elixiranse pola Asemblea Xeral, entre tódalas candidaturas que se presenten, resultando elexida de entre todas elas aquela que obteña máis votos, tras un previo proceso no que se fará a presentación de cada unha delas e

do seu programa de goberno pola persoa que as encabece. En todo caso nas candidaturas presentadas á Xunta Directiva deberán estar perfectamente determinados e distribuídos os distintos cargos da mesma entre os seus integrantes.

            Os cargos da Xunta Directiva, durarán un periodo de 4 anos, aínda que poderán ser obxeto de reelección, renovándose por metade cada dous anos. Na primeira quenda serán renovados o Vicepresidente, o Vicesecretario e un Vocal; e na segunda quenda, ós dous anos seguintes, o Presidente, o Secretario, o Tesoureiro e outro vocal. O primeiro mandato dos cargos da segunda quenda de renovación durará un ano máis.

Art.10º.-

            Os membros da Xunta Directiva NON percivirán retribución polo cargo desempeñado, sendo a súa contía determinada en todo caso pola Asemblea Xeral.

Art.11º.-

            É función da Xunta Directiva, programar e dirixi-las actividades sociais e leva-la xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o presuposto anual de gastos e ingresos, así como o estado de contas do ano anterior.

Art.12º.-

            A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente, a iniciativa propia ou a petición de polo menos tres dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia, polo Vicepresidente, e a falta de ámbolos dous, polo membro da Xunta Directiva que teña máis idade.

            Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados por maioría de votos dos asistentes, sendo precisa a concorrencia, polo menos da metade máis un dos seus membros, incluídos o Presidente e o Secretario ou quen estatutariamente os sustitúan. Das sesións o Secretario, ou no seu defecto, o Vicesecretario, levantarán acta, que se transcribirá ó libro de Actas.

Art.13º.-

            Os membros da Xunta Directiva presidirán as Comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de demandar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas Comisións o número de Vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos Presidentes.

Art.14º.-

            O Presidente da Xunta Directiva terá, ademais das facultades asignadas no Art.7º, as seguintes atribucións:

a)   Convocar e levanta-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixi-las deliberacións de unha e outra, decidindo con voto de calidade no caso de empate.

b)  Propoñe-lo plano de activdades da Asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.

c)  Ordena-los pagamentos acordados validamente.

d)  O Presidente estará asistido nas súas funcións polo Vicepresidente, que ademais o sustituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

Art.15º.-

            O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o Libro de Rexistro de Socios e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Auxiliarao nas súas funcións e substituirao nas súas ausencias o Vicesecretario.

Art.16º.-

           O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación e dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente. Así mesmo, formalizará o presuposto anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior, que deben ser presentadas á Xunta Directiva, para que esta  a súa vez, os someta á aprobación da Asemblea Xeral.

Art.17º.-
            Cada un dos compoñentes da Xunta Directiva, terá os deberes propios do seu cargo, así como os que nazan das delegacións ou comisións que a propia Xunta lles encomende.

            Incunbirá de maneira concreta ó Secretario, no seu caso, ó Vicepresidente, velar polo cumprimento das disposicións legais vixentes en materia de Asociacións, custodiando a documentación oficial da entidade e facendo que cursen á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais as comunicacións sobre designación da Xunta Directiva, celebraciáon de Asembleas Xerais, formalización do estado de contas e aprobación dos presupostos anuais.

Art.18º.-

A Asemblea Xeral é o organo supremo de goberno da Asociación, integrada polos asociados, que adopta os seus acordos polo principio maioritario ou de democracia interna, e que reunirase sempre que o acorde a Xunta Directiva, por propia iniciativa ou polo que acorde a décima parte dos seus asociados.

Obrigatoriamente a Asemblea Xeral deberá ser convocada en sesión    ordinaria,  polo menos unha vez ó ano, para aproba-lo Plano Xeral de actuación da Asociación, censura-la xestión da Xunta Directiva, aprobar, no seu caso, os presupostos anuais de ingresos e gastos, así como o estado de contas correspondentes ó ano anterior e cantas outras se sometan á votación no capítulo de rogos e preguntas.

  Art.19º.-

             A Asemblea Xeral  convocarase pola Xunta Directiva, con cararter extraordinario, cando o esixan as disposicións vixentes, o acorden os membros da Xunta Directiva ou o solicite un número de asociados non inferior ó 10 por 100, e en todo o caso para a modificación dos Estatutos, así como para elexi-los membros da Xunta Directiva, disposición ou alleamento de bens, determinación das retribucións dos membros da Xunta Directiva, disolución da Asociación, expulsión de asociados a proposta da Xunta Directiva, aprobación do regulamento de réxime interno da asociación e a solicitude da Declaración de Utilidade Pública. Tamén é da súa competencia a Constitución de Federacións, Confederacións ou Unións ou a súa integración nelas.

  Art.20º.-

 As convocatorias das Asembleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, serán feitas por escrito, expresando o lugar, data e hora da reunión, así como a orde do día. Entre a primeira convocatoaria e o día da reunión deberá mediar polo menos quince días naturais; a segunda convocatoria realizarase media hora máis tarde da primeira.

             Así mesmo incluirase na orde do día das convocatorias aqueles asuntos propostos por un número de asociados non inferior o 10 por 100, que as presentarán perante o Secretario da Xunta Directiva cunha antelación mínima de sete días á celebración das sesións das Asembleas Xerais.

 Art.21º.-

             A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria de modificación dos Estatutos da Asociación estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abrindose un prazo de sete días para que calqueira asociado poida dirixir ó Secretario as propostas e enmendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de tres días á realización da mesma.

 Art.-22º.-

             As Asembleas Xerais Ordinarias ou Extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria, cando concorran a elas, presentes ou representados, a metade máis un dos asociados, e en segunda convocatoria cando asistan a décima parte dos mesmos.

 Art.23º.-

             Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen ós negativos. Non obstante, requerirán maioría cualificada das dúas terceiras partes das persoas presentes ou representadas, os acordos relativos á disolución da asociación, modificación dos Estatutos, disposición ou alleamento de bens e remuneración os membros do órgano de representación.

 Art.24º.-

             A Xunta Directiva resérvase o dereito de decisión, sobre situacións non contempladas nestes Estatutos, sempre que non sexan incompatibles coas xa existentes e non estean en contradición coa Lei vixente reguladora do dereito de asociación e demais disposicións regulamentarias que a deselvolvan.

 Art.-25º.-

             Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdicción ordinaria.

 Art.-26º.-

             A Asociación disporá dunha relación actualizada dos seus asociados, levará unha contabilidade que reflicta a imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da situación financieira da entidade, así como as actividades realizadas, efectuará un inventario dos seus bens e recollerá nun libro de Actas as reunións da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.

  TÍTULO III

 

DOS ASOCIADOS, DEREITOS E OBRIGAS

   Art.27º.-

             Poderán ser membros da asociación, libre e voluntariamente, as persoas físicas, que dalgunha maneira teñan interese en servi-los fins da mesma e sexan admitidos pola Xunta Directiva, a cal poderá outorga-lo nomeamento de membro honorario ou de número ás persoas que estime oportuno, a título meramente honorifico, sen que iso leve consigo a condición xurídica de asociado. Será condición imprescindible e indispensable para ser membro da Asociación, ser natural de SAN PEDRO DE BENQUERENCIA, descendente dun socio, ou que acredite un primeiro grao de parentesco con algún dos supostos antes citados, non sendo condición obrigatoria residir en Benquerencia.

             As persoas físicas deberán ter capacidade de obrar e non estarán suxeitas a ningunha condición legal para o exercicio do dereito. Os menores non emancipados de máis de catorce anos necesitarán o consentemento, documentalmente acreditado, das persoas que deban supli-la súa capacidade.

 Art.-28º.-

             Aquelas persoas que desexen pertecer á Asociación, solicitarano por escrito o Presidente, o cal dará conta á Xunta Directiva, que resolverá sobre a admisión ou inadmisión do asociado con recurso perante a Asemblea Xeral.

 Art.-29º.-

             Os asociados poderán solicita-la sua baixa na Asociación voluntariamente, en calqueira tempo, pero isto non lles eximirá de satisface-las obrigas que teñan pendentes con ela.

             A Xunta Directiva poderá separar ou expulsar da Asociación a aqueles asociados que os fagan indignos de seguir pertecendo á mesma, así como adoptar calquera outra medida disciplinaria contra aqueles. A separación ou expulsión, así como calquera outra medida disciplinaria adoptada, será precedida de expediente no que deberá ser oido o interesado, o cal será informado dos feitos que dean lugar a tales medidas, debendo ser comunicado o acordo que, no seu caso, impoña sanción. Este acordo en todo caso deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral e contra a súa resolución poderase recorrer perante a xurisdición ordinaria.

  Art.-30º.-

             Os asociados terán os seguintes dereitos:

 a)   Participar nas actividades que promova a Asociación e nos actos sociais que organice para tódolos asociados.

 b)  Gozar de tódalas vantaxes e beneficios que a Asociación poda ter.

 c)  Asistir e exercita-lo dereito de voz e voto nas Asembleas Xerais.

 d)  Ser nomeado membro da Xunta Directiva, na forma que prevén os Estatutos.

 e)  Posuír exemplar destes Estatutos e ter coñecemento dos acordos adoptados polos órganos directivos.

 f)   Ser informado sobre a composición da Xunta Directiva da asociación.

 g)  Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.

 h)  A impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei e ós Estatutos.

  Art..-31º.-

     Os asociados poderán ser sancionados pola Xunta Directiva por infrinxi-los presentes Estatutos, ou os acordos da Asemblea Xeral ou a propia Xunta Directiva. As sancións poden comprender dende a suspensión dos seus dereitos durante un mes, ata a separación definitiva da Asociación, nos mesmos termos que prevén o artigo 29º

 Art..-32º.-

             Serán obrigas de todo-los asociados:

 a)   Comparti-las finalidades da Asociación e colaborar para a consecución das mesmas.

 b)  Observar unha boa conducta individual e cívica.

 c)  Acata-los presentes Estatutos e os acordos validamente adoptados pola Asemblea Xeral.

 d)  Aboa-las cotas periódicas, derramas e outras contribucións que acorde a Asemblea Xeral.

 e)  Desempeñar fielmente as obrigas inherentes ó cargo que desempeñen.

 f)   Cumpri-lo resto de obrigas que resulten destes Estatutos.

  TÍTULO  IV

 

DO RÉXIME ECONÓMICO E DA DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Art.-33º.-

             O presuposto anual da Asociación é indeterminado ou no seu caso será o que se determine a principios de cada ano pola Asemblea Xeral, e  ten o seguinte patrimonio, todo el na parroquia de San Pedro de Benquerencia, termo municipal de Barreiros (Lugo):

 

 ü                           Edificio colonial de duas plantas, pista de baile, servicios, pozo, e palco de música, todo elo cerrado por muro de pedra, no lugar denominado O Canteiro.

ü                           Terreos anexos o descrito anteriormente, pola parte norte do edificio, separados por camiño público, pechado no seu perimetro con muro de bloque, e con pista de deportes no seu interior, pendente de rematar.

ü                           Edificacións no lugar de Agolada, composta por nave en ladrillo e techume de uralita, servicios, e dous locais anexos de usos varios, xunto con os terreos onde se asentan.

ü                          Enseres propios dos bens antes relacionados.

 Art.-34º.-

             A data de peche do exercicio económico da asociación será a de 31 de decembro de cada anualidade e as contas da asociación serán aprobadas anualmente pola Asemblea Xeral, polo que deberán ser postas previamente a disposición dos asociados durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da referida Asemblea Xeral.

 Art.-35º.-

             Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento das actividades sociais serán os seguintes:

 a)               As cotas periódicas que acorde a Asemblea Xeral.

 b)              As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea Xeral.

 c)              Os productos dos bens e dereitos que lle correspondan, así como as subvencións, legados, doazóns que poda recibir en forma legal.

 d)              Os ingresos que obteña a Asociación mediante o exercicio de actividades económicas licitas que acorde realiza-la Xunta Directiva, incluidas as prestacións de servicios, deberán destinarse exclusivamente ó cumprimento dos seus fins estatutarios.

  Art.-36º.-

             A administración dos fondos da Asociación, levarase a cabo, sometida á correspondente información e intervención e coa publicidade suficiente, a fin de que tódolos asociadoss podan ter coñecemento periodicamente do destino dos fondos, sen prexuizo do dereito consignado a este respecto no apartado g) do art.30 destes Estatutos.

 Art.-37º.-

             No caso de disolverse a Asociación, a Asemblea Xeral que acorde a disolución, nomeará unha Comisión Liquidadora, composta por cinco membros, a cal farase cargo dos fondos que existan, para que, unha vez satisfeitas as obrigas, o remanente, se o houbera, sexa entregado a calqueira entidade legalmente constituida, con domicilio nesta provincia, que se dedique a iguais, ou no seu defecto análogos fins, que esta asociación, ou unha entidade benéfica.

             Así mesmo, no caso de insolvencia da asociación, a Xunta Directiva, ou, se é o caso, os liquidadores nomeados pola Asemblea Xeral, promoverán de inmediato o oportuno procedemento concursar perante o xuiz competente.

             En proba de conformidade co presente proxecto de Estatutos, asinan tódolos membros constituintes da asociación que se propón.

   DILIXENCIA:  Para facer constar que os presentes estatutos foron modificados para adaptalos ás   previsións da Lei  Orgánica 1/2002. de 22 de marzo, por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada ó efecto, na data 28 de marzo de 2004

                         Visto Bo e Prace

O PRESIDENTE:                                                                                A  SECRETARIA:

 

                         Asdo.: José Otero Méndez.                                                                         Asdo.:Juasta Barbeito Pacios

 

REGULAMENTO DO SOCIO DE NUMERO

1.- DO SOCIO DE NUMERO

         1.1.- DEFINICION

                Entenderase por SOCIO DE NUMERO, aquela persoa, maior de idade, sen distinción outra algunha, que a modo de colaboración, e de forma voluntaria, se compromete a pagar as mesmas cuotas que o socio fundador e de dereito da sociedade, (excepto as de caracter extraordinario), non tendo  en ningún caso dereito algún a voto nas asambleas ou reunións calquera que sexan, nin ás propiedades do Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia, nin a formar parte de directiva algunha, tendo que ser aceptado éste pola Directiva do Centro, quen terá potestade para admitilo ou cesalo se o considera oportuno.  

       1.2.- OBRIGACIONS:

                1.2.1.- De pagar puntualmente as mesmas cuotas que o socio de dereito (exceptuando as de carácter extraordinario), perdendo a condición de socio de número no momento do impago dalgunha delas, previa comunicación por escrito da súa baixa por parte da directiva.

                1.2.2.- De cuidar e facer bó  uso das instalacións e propiedades do C. I. R.

                1.2.3.- De colaborar no bo comportamento, civismo, etc. en todos e cada un dos actos os que acuda, non promovendo xamais, comportamentos indebidos, altercados ou alteracións do normal e cívico comportamento das persoas presentes en calquera reunión, asamblea ou actividade desenvolvida pola sociedade ou nas instalacións da mesma.

                1.2.4.- De cumprir e acatar os estatutos da sociedade, acordos ou decisións da Directiva ou Xunta Xeral, e calquera outra norma que a sociedade a través dos seus órganos acorde, e en particular o presente regulamento.

         1.3.- DEREITOS

                1.3.1.- Dereito a participar en tódolos actos ou actividades que formalmente sexan organizados pola sociedade, excepto, na celebración do DIA DO SOCIO, por ser esta unha actividade dirixida ós socios fundadores e de dereito, a non ser nos casos nos que a Directiva, por consideralo oportuno, expresamente, poida autorizar en función dos méritos, actuacións, donacións, comportamentos, etc. que algún socio de número tivera para coa sociedade.

                1.3.2.- Dereito a opinar e ser oído nas reunións, asambleas, e demais xuntanzas dos órganos da sociedade, ó igual que calquera outro socio desta, se ben, non terá dereito a voto.

                1.3.3.- Dereito a promover actos ou actividades a desenvolver pola sociedade, sempre e cando estas estean autorizadas e informadas pola Directiva do Centro, quen poderá se o considera axeitado, non permitilas ou limitalas no que considere oportuno.

                1.3.4.- Calquera outro dereito concreto e individual que a Directiva ou Xunta Xeral lle poida conceder por consideralo oportuno.

                1.3.5.- Dereito a ser informado dos estatutos da sociedade, regulamento do socio de número, modificacións, acordos ou atividades que o Centro desenvolva.

                   1.4  COMPETENCIAS

                              1.4.1.- Será competencia da Xunta Directiva, a toma de decisións sobre calquera dúbida, problema, discrepancia ou asunto que non estea contemplado neste regulamento do socio de número.

                              1.4.2.- Será competencia da Xunta Directiva aceptar un alta, ou dar baixa a calquera socio de número que pretenda selo, ou xa o sexa.          

           1.4.3.- Calquera decisión acadada pola Xunta Directiva, referida a este regulamento é ás suas competencias, poderá ser anulada ou modificada pola Xunta Xeral de Socios, se esta o acorda en Xunta Xeral ordinaria ou non, e sempre según das normas que regulan a validez dos acordos dese organo.

                              1.4.4.- A Xunta Directiva, previa autorización da Xunta Xeral de Socios, ou , a propia Xunta Xeral de Socios, poderá, en calquera momento, se así o considera oportuno, facer desaparecer este tipo de Socios de Número,  comunicando a baixa definitiva a cada un dos socios de número, sendo esta decisión inapelable, e non podendo ningún socio reclamar dereito algún á sociedade.

                              1.4.5.- O pagamento do primeiro recibo de Socio de Número, significa a aceptación integra dos estatutos xerais da sociedade, e en particular do presente regulamento, recoñecendo publicamente o acatamento do mesmo, así como o coñecemento integro da normas que regulan o funcionamento do Centro de Instrucción e Recreo de Benquerencia, polo que se somete integramente ás mesmas.

 

DOSIER ADAPTACIÓN ESTATUTOS LEI 01/2002 DE 22 DE MARZO

 

ESTATUTOS | HISTORIA | ACTIVIDADES | COMUNICADOS | ACTUALIDAD | PRESIDENTE | RETORNO

© Álvaro Vizoso Vázquez         San Pedro de Benquerencia ( Lugo )

Ultima actualización 11/02/2012 17:29:35