Benquerencia  

Paginas Emigracion

Casa Abraido


Alejandro García Amor

Alejandro García Amor, coñecido como Alejandro de Abraído, a pesar de ser veciño de San Cosme, pasou os últimos anos da súa vida en Benquerencia. Igual cos outros nove dos seus dez irmáns tomou a decisión de emigrar. Exiliouse entre 1922 e 1923 na procura dunha mellor situación económica; e retornou a Galicia en 1925 para cumprir co servicio militar. No 1928 decidiu facer de novo as Américas,e  dous anos despois casou por poder  cunha veciña de San Cosme que o secundou na súa aventura migratoria . En 1932, Alejandro volveu definitivamente á terra natal para atender á súa nai enferma. Afincouse en San Cosme, anque tanto el como a súa dona fóronse vivir a Lugo para ser atendido polo seu único fillo: Pedro García Palmeiro, e a súa esposa. Alejandro finou en Benquerencia no 2001 ós 97 anos de idade.

Pedro García Palmeiro

Pedro García Palmeiro, único descendente de Alejandro do Abraído, e actual veciño de Benquerencia; decidiu segui-los pasos do seu proxenitor aventurándose na emigración transoceánica. Serviuse dun tío, ademáis de padriño que o utilizou como reclamo para poder sair da súa patria; e o 28 de maio de 1955, poñía rumbo a Cuba celebrando o seu dezaoito cumpreanos na viaxe. Tras pasar un periplo que enlazaba por este orde A Coruña con Vigo, Islas Madeira, Venezuela, Santo Domingo e Coraçao; chegaba á cidade da Habana. Alí, ó igual que moitos dos seus veciños, traballou tamén nun bodegón onde ademáis se servían comidas típicas de Galicia, con productos importados de España.  Volveu a Barreiros a finais do ano 1961, e no 1963 tomou parte no exilio europeo, emigrando desta vez a Francia onde casou coa súa esposa, tamén emigrante e veciña de San Cosme, e onde naceu o seu único fillo.

 

Retotono a portada  Paginas de Emigracion

 

Vista actual de Casa Abraido en Benquerencia

 

 

 © Álvaro Vizoso Vázquez         San Pedro de Benquerencia ( Lugo )

Benquerencia   actualidad Camino de Santiago  Emigración  Foro

contactar