Benquerencia  

Paginas Emigracion

Casa de Ambros


 

 

Antonio Larrea Cobo, ó igual que moitos outros dos seus veciños de parroquia, dispúxose a tomar parte no exilio cubano. Unha vez chegado ó  continente americano, comenzou a traballar como axente comercial na cidade da Habana e posteriormente mudouse a Holguin onde seguía exercendo a mesma profesión. Foi neste último lugar onde fixo a meirande parte da súa fortuna chegando a ter en propiedade tres salóns de cine xunto con outros negocios; control dos cales delegou no ano 1947 a outra persoa e así poder retornar a Galicia. Unha vez reinstalado na súa patria, afincouse na cidade da Coruña xunto coa súa esposa, de orixe cubana, e unha sobriña da mesma á cal criaron como filla propia. Antonio faleceu no ano 1972 na capital coruñesa ós 72 anos de idade.

 

Dado o bo resultado econóimico que obtivo na súa experiencia migratorio, Antonio fixo importantes contribucións de uso público á parroquia de Benquerencia, entre as cales destacan un lavadeiro común e o cementerio parroquial  

Ademáis de Antonio, tamén emigraron a Cuba outros dous membros da familia Larrea Cobo: Manuela, que marchou xunto co seu esposo Antonio González, da Casa do Sabino de San Miguel de Reinante e a cal non retornou a Galicia; e Ramón, que non se casou e faleceu en Cuba nun accidente de tráfico.

 

Antonio Larrea vestido de cazador, afición que practicaba a cotío.

 

Retotono a portada  Paginas de Emigracion

 

Vista actual de Casa de Ambros

en Benquerencia

 © Álvaro Vizoso Vázquez         San Pedro de Benquerencia ( Lugo )

Benquerencia   actualidad Camino de Santiago  Emigración  Foro

contactar