Benquerencia  

Paginas Emigracion

Casa Curioso


José Gómez Lourido

 

José Gómez Lourido, da casa do Curioso, decidiu ó igual que moitos dos seus veciños, probar sorte no exilio. Unha vez no continente americano, formou parte do “Orfeón Español”. Sen embargo, decidiu volver a Benquerencia; onde casou con Francisca Rodríguez Pérez. Xuntos tiveron 12 fillos, dos cales quedaron 7, e catro deles secundaron anos despois a experiencia migratoria do seu proxenitor.

Antonia Gómez Rodríguez

De esquerda a dereita: Antonia Gómez Rodríguez e esposo.Antonia Gómez Rodríguez, irmá de José Ramón, foi a outra muller da familia do Curioso que formou parte do grupo de emigrantes de Benquerencia con destino a Cuba. Casou no exilio cun veciño de Miñotos. Decidiron probar fortuna montando un negocio de venda de roupa, coloniase outros  -miscelánea-.  O matrimonio tivo dous fillos: Mirta e Jesús, que só viñeron a Benquerencia de visita. Ambos emigrantes morreron en Cuba.

Plácido Gómez Rodríguez

Plácido Gómez Rodríguez era o máis novo dos irmáns Gómez Rodríguez que emigraron. Quizáis motivado pola experiencia positiva dos seus irmáns maiores, decidiu probar tamén sorte no exilio cubano. Sen embargo, ó revés cós seus irmáns, si volveu a Galicia. Foi entón cando casou cunha veciña de Ribadeo, da familia de Ron. O matrimonio non tivo fillos, e Plácido faleceu en Ribadeo.

José Ramón Gómez Rodríguez

José Ramón Gómez Rodríguez tralo mostrador do negocio que rexentaba en Cuba.

 

José Ramón Gómez Rodríguez, irmán da anterior, tamñen puxo rumbo a Cuba. Alí casou con Carmen Novo - da casa do Monxo-, tamén emigrante e veciña de Benquerencia-. Xuntos montaron un negocio adicado á venda de bebida, taberna, ultramanarinos..., e tiveron un fillo que actualmente reside en Miami. O matrimonio en cuestión non retornou a España.

 

Retotono a portada  Paginas de Emigracion

 

Esta pagina esta solo empezada y para que este terminada del todo, hace falta desarrollar un importante trabajo de campo que encabezado por Manolo de Cadramón y Tamara del Restaurante Rías Altas se esta realizando en Benquerencia con la colaboración inestimable de los vecinos.

Alvaro Vizoso Vazquez

( Administradorr )

 © Álvaro Vizoso Vázquez         San Pedro de Benquerencia ( Lugo )

Benquerencia   actualidad Camino de Santiago  Emigración  Foro

contactar